Eis o tema principal (main theme) do Legend of Zelda tocado cunha marimba. Soa ben, ou?
Epic Games agasállache 20 cancións polo seu 20 aniversario
A famosa compañía Epic Games liderada polo frenético Cliffy B. está a celebrar o seu vixésimo aniversario e como toda boa desenvolvedora de videoxogos non se esquece dos seus fans.
Deste xeito agasallan un total de vinte cancións dos seus títulos máis significativos como pode ser Gears of Wars, Infinity Blade, Bulletstorm…
Sempre se agradecen este tipo de detalles así que non dubidedes en pasar pola súa páxina web e descargar estos temas que de seguro vos faran rememoran momentos épicos.
Tras o salto o título de todas as cancións que tedes dispoñíbeis.
Novo sinal de vida de Beyond good & Evil 2. Imaxe In-Game
Tres anos pasaron sen ningunha información adicional de Beyond Good & Evil 2 e hoxe romperon esta rutina cunha nova imaxe In Game do título.
Nela vemos Jade nun escenario bastante detallado que como repetimos, pertencente ao propio videoxogo.
Con isto non pensemos que está a piques de saír o título, xa que anteriormente os seus encargados mencionaron que Beyond Good & Evil 2 precisaba unha tecnoloxía maior,polo que podemos intuir que até a próxima xeración non imos ver este videoxogo.
Por se non vos lembrades déixovos tamén o vídeo que amosou Ubisoft no 2009 sobre esta segunda entrega. Espectáculo puro.
A historia de RARE en vídeo
Fai un tempo que Rareware (RARE) era unha das compañías de videxogos máis importantes do mundo dos videoxogos, pero como cambian os tempos que actualmente realizan… como dicilo sen chorar…ehhh, realizan minixogos para Kinect.
Pero non debemos quedar con isto e recordar a RARE cando verdadeiramente nos facían desfrutar de grandes obras de arte.
Recordemos que levan o selo de RARE títulos como Donkey Kong Country, Goldeneye 007 ou Banjo Tooie (para min o mellor plataformas en 3D da historia). Como vedes a compañía creada polos irmáns Stamper foi un sinónimo de calidade, de feito eran pioneiros en exprimir sempre a calidade gráfica da época.
Estes irmáns fundaron Ultimate Play the Game, empresa que venderon para crear o que foi RARE. Pouco despois uníronse á Nintendo para poñerse ao cargo de series como Donkey Kong que supuxeron un gran salto para a compañía nipona.
A partires de aquí e nos seguintes anos, personalmente até a Nintendo 64 non pararon de dar alegrías aos que desfrutamos dos bos videoxogos con títulos verdadeiramente sorprendentes, por isto mesmo agora doe que rematasen realizando pseudoxogos para Kinect.
Pero para que teñades unha idea mellor sobre esta gran compañía podedes ver este repaso da historia de RARE en cinco vídeos de dez minutos cada un. Están en inglés pero son unha gran fonte de nostalxia e son vídeos moi interesantes.
Anímovos a que lle botedes un ollo.
Confirmados Dead Space 3 e un novo Need for Speed para este ano fiscal
Así o dixo Electronic Arts, confirmando que antes de que remate este novo ano fiscal (é dicir,antes de abril de 2013) teremos nas nosas tendas unha nova entrega de Need for Speed a o esperado Dead Space 3.
Polo de agora isto é o único oficial que publicou EA, pero como saberedes os rumores xa comezaron a surcar as redes.
No relacionado a Dead Space 3 poderemos viaxar a un planeta conxelado onde aterrou por accidente a nave do protagonista ou pola contra nun mundo escuro creado polo cerebro de Isaac.
Se falamos de Need for Speed todo apunta que será NfS:Most Wanted 2, pero esperemos a que Electronic Arts confirme estos datos.
Activision confirma Family Guy: Back to the Multiverse
A popular e xenial (se me permitides o adxectivo) serie de animación Padre de Familia terá un novo videoxogo a finais deste ano.
Así o confirmou Activision, no cal simularemos un dos clásicos capítulos da serie no cal Stewie e Brian viaxan a través de planos do universo. Aínda non sabemos que tipo de xogo será este «Back to the Multiverse» pero o que si aseguraron os seus responsábeis é que rememoraremos algúns dos momentos máis famosos da serie.
Tampouco confirmaron para que plataformas sairá, aínda que todo apunta a que será para Xbox 360 e Playstation 3.
Confirmados o MMO de “The Elder Scrolls” e o primeiro DLC para “Skyrim”.
Bethesda non quere deixar pasar o éxito rotundo da quinta entrega da súa saga de rol e fantasía épica, e aproveitando a radiante estela de Skyrim darán o salto no próximo ano ao saturado mercado dos multixogador online, no que agardan facerse con parte da súa explotada base de xogadores.
Confirmase así unha nova sobre a que se viña especulando nos últimos días, colectando opinións encontradas entre os fans da que ´e unha das mais iconográficas sagas de rol occidental offline.
Entre o poucos datos confirmados, sabemos que poderemos percorrer o universo The Elder Scrolls nuns sucesos ambientados mil anos antes do visto en Skyrim e que nos enfrontaran de novo aos daedra, concretamente ao príncipe daedra Molag Bal, que terá o habitual proxecto malvado de dominar o mundo.
Ao mesmo tempo chegan novas sobre o propio quinto capitulo da saga TES, que recibira o seu primeiro contido para descarga nun DLC do que moi pouco se sabe aínda, mais aló de que incluirá argumento relacionado cos elfos das neves, a misteriosa raza elfica que aparecía no xogo extinguida ao ter dexenerado baixo terra nos desagradábeis falmer.
Non hai datas de lanzamento, pero sábese que o DLC chegara meses antes que o MMO, que non estará nas tendas ate ben entrado 2013.
Mesmo prezo entre as distribucións dixitais e físicas de 3DS
Nintendo xa anunciara anteriormente que comezaría a vender os xogos retail (os que se venden nas tendas para que nos entendamos todos) a través de eShop, pero as peores sospeitas acaban de ser confirmadas, é dicir, custarán exactamente o mesmo os videoxogos en formato físico que en formato dixital.
Isto abre un amplo debate. Debemos pagar o mesmo por algo que en verdade non temos? Debemos pagar o mesmo a pesar que Nintendo aforra formato,impreso,transporte..? Debemos pagar o mesmo por un arquivo que podemos perder se a tarxeta sofre algún desperfecto?
Moito se ten debatido sobre este tema e o presidente de Nintendo,Satura Iwata pronunciouse ao respecto para defender este tema:
Moita xente valora diferentes cousas. Se dixésemos que esta é a única proposta que ofrecemos, sería un problema, porque non habería opcións para os consumidores. Pola contra, estamos ofrecendo os dous formatos de mecanismos de venta para que o consumidor escolla.
Algunhas distribuidoras pensan que as versións dixitais deberían ser máis baratas, mentres que outras insisten en que as dúas versións deben ter exactamente o mesmo prezo. Deste xeito non é só idea de Nintendo, cada distribuidora ten diferentes ideas sobre este tema, e entre elas, Nintendo ofrecerá ambas versións ao mesmo prezo.
Primeiro tráiler de CoD: Black Ops 2
Hoxe Treyarch acaba de sacar á luz o primeiro tráiler de Call of Duty: Black Ops 2, e queda confirmado que viaxaremos a un futuro próximo con maquinaria máis avanzada, artiluxios voadores por todos os lados e as explosións típicas da saga.
No tráiler vemos como un avellentado Black Ops conta como toda maquinaria non serve de nada sen eles e observamos como o protagonista pilota os máis diversos trasportes, incluso un cabalo.
Ademáis de todo isto tamén confirmaron a data de lanzamento, 13/11/12.
Botádelle un ollo e comentade as vosas impresións porque hai bastantes cambios con relación ao predecesor.
Queres deseñar aventuras gráficas?
O deseño de videoxogos é unha actividade en crecemento continuo durante os últimos anos, non sería estraño que algúns dos lectores de Memoria Pixelada esteades a sopesar esa posibilidade. Moitos dos grupos noveis que decidiron dedicarse a desenvolver videoxogos, optaron por comezar coa aventura gráfica por ser un xénero en aparencia máis accesible. Hai diferentes ferramentas que simplifican moito a creación, como o AGS, o Wintermute ou o Visionaire Studio, que permiten realizar aventuras partindo de coñecementos mínimos en programación. Mais detrás de todas esas facilidades respecto a outros xéneros, é unha maneira de contar historias moi específica que precisa do estudio das súas particularidades para conseguir deseños que acaden un mínimo de calidade. A elaboración dunha aventura é un labor multidisciplinar, algunhas partes son comúns aos
demais xéneros e outras caracterizan ao que nos ocupa, como o deseño de crebacabezas. Uns meses atrás rematei un documento sobre o deseño de crebacabezas na aventura, elaborado de maneira intermitente durante uns anos, consta dunha trintena de páxinas que serven de introdución a unha disciplina tan complexa como apaixonante. A documentación é escasa e apenas existe alén da lingua inglesa, tratando sempre o tema de maneira moi superficial, neste caso penétrase algo máis sen intencións de supoñer unha teoría completa do crebacabezas, algo que cae fóra das miñas posibilidades e que requiriría de centos de páxinas.
A aventura é un xénero que se atopa estancado, nunha época de pouca experimentación, apoiándose nunhas bases deturpadas, se estades a pensar en deseñar outro tipo de videoxogos pero queredes iniciarvos na aventura por resultarvos máis accesible, o meu consello é que non o fagades, que deseñedes dende o principio os xogos que queredes facer; mais se aínda así algún de vós quere deseñar aventuras ou simplemente sente curiosidade polo medio narrativo, este documento pode resultar un útil punto de partida. O crebacabezas de aventura non ten nada que ver cos minixogos ou os enigmas de caderno de pasatempos tipo Professor Layton, aínda que a propia dexeneración do xénero contribuíse a esvaecer un concepto de crebacabezas de seu que se tenta explorar nestas liñas. Tedes o documento dispoñible tanto en PDF como no formato de código aberto e universal, EPUB, adaptado para os lectores de libros electrónicos de seis pulgadas, mais co Calibre (software multiplataforma dispoñible en galego) podédelo converter de maneira moi sinxela ao formato que utilice o voso e-reader.
Xa dispoñible a demo de Dragon´s Dogma. (Primeiro contacto).
O RPG estrela de Capcom para 2012, (e un dos títulos anunciados mais especiais por tratarse dunha case inédita incursión no rol occidental por parte dunha compañía nipona), esta xa ao alcance dos usuarios europeos para un primeiro contacto mediante unha demo que corresponde a unha fase intermedia de desenrolo do xogo, e que xa se puido ver en diferentes actos da industria durante os últimos meses.
A demo presenta uns gráficos efectivos pero aínda pouco sólidos, quedando por ver ate que punto melloraran na versión definitiva do xogo. Os contidos son un tanto fugaces; apenas un combate contra un grifo e outro contra unha quimera, pero chega para confirmar que se trata dun titulo diferente que apunta alto, cuns combates orixinais e moi dinámicos que nos obrigaran a utilizar a estratexia contra os inimigos mais duros e a trepar por eles na busca de puntos fracos (na liña do visto no mítico “Shadow of the Colossus»).
Inclúe ademais o editor de personaxes ao completo, que permite deseñar ao noso/a protagonista e ao peón que o acompañara durante a súa aventura cunha gama de posibilidades moi ampla. Se decidimos espremer a fondo o editor e nos encariñamos coas personaxes non hai problema; poderemos importalas ao xogo unha vez nos fagamos con el.
Queda por ver a solidez da historia e do mundo aberto no que transcorrera, pero confirmase coma un titulo que todo afeccionado ao RPG debe ter marcado na súa axenda. O lanzamento oficial no noso territorio esta previsto para o 25 de Maio.
Um joystick, um violão 6
Desta volta o humorista brasileiro Marcos Castro, xunto ao seu irmán Matheus Castro, versionan a canción «Amor I love you» tornándoa «Eu vou matar Ryu». O .mp3 da música está dispoñíbel para baixar.
Um joystick, um violão 1: «Aquarela» | http://memoriapixelada.com/2011/07/15/un-joystick-un-violon/
Um joystick, um violão 2: «Assim sem você» | http://memoriapixelada.com/2011/09/04/un-joystick-un-violon-2/
Um joystick, um violão 3: «Somos amigos» | http://memoriapixelada.com/2011/09/16/un-joystick-un-violon-3/
Um joystick, um violão 4: «Sina» | http://memoriapixelada.com/2011/09/24/un-joystick-un-violon-4/
Um joystick, um violão 5: «Sapato velho» | http://memoriapixelada.com/2011/10/31/un-joystick-un-violon-5/